Arquivos da categoría Novas

Hoy celebramos en Madrid el Día Mundial de la Voz

Sigue este enlace para saber más sobre nuestra celebración. Comparte tu voz!

http://institutovoz.wixsite.com/instituto

Advertisements

Isabel Pichel, objetivos

Saca a lingua, lambeAbre a boca, babeaUmmm As expresións que uses a continuación serán a maneira de compartir a túa propia experiencia co xeado (1)

Isabel Pichel está colaborando con diversos profesionales y Centros que necesitan asesoramiento en comunicación oral y escrita, desde hace alguno años.

Su trabajo se ha centrado en objetivos concretos de clientes particulares y diversas entidades.

Es ahora cuando comienzan a dar sus frutos dichas colaboraciones.  Ya se pueden contratar sus servicios en Centros ubicados en Galicia. Este es un adelanto de su carta de servicios…

 

 

 

Faladorinha é brindeira. Toastmasters en Galicia!

La red internacioanl de clubs de oratoria, Toastmasters, llega a Galicia. El primer club Toastmaster gallego está presidido por Isabel Pichel, autora de Faladoriña. Este club se nutre de aquellas personas interesadas en mejorar sus habilidades en comunicación competente y liderazgo. Aquellos o aquellas interesadas en descubrir como hablar en público de una manera eficaz pueden sumarse al club. El punto de reunión es Identia, un centro de coaching y formación que cede amablemente sus instalaciones. El primer y tercer miércoles de cada mes se celebran las reuniones, con la particularidad de que cada miembro asistente asume un rol. Puede ser el maestro de ceremonias, Toastmaster, o puede ser orador, pero también puede ser uno de los evaluadores de la sesión.

Aquellas o aquellos “faladoriñ@” que se interesen por este club pueden ponerse en contacto a través de la página del Club Toastmasters de Santiago de Compostela: http://tmclub.eu

La red internacional Toastmaster tiene clubs de oratoria por todo el mundo. Desde hace casi un siglo, se utiliza su método de aprendizaje de cómo comportarse en un encuentro social y cómo hablar en público, que ha tenido su origen en EEUU. www.toastmasters.org 

Además de permitir mejoras en comunicación competente y liderazgo, también permite establecer contacto con personas de todo el mundo que comparten la pasión por la oratoria. Existen además convocatorias de concurso local e internacional, para motivar a los miembros toastmasters en su propia marca personal de superación en el uso de habilidades de comunicación social.

Isabel Pichel presenta en San Francisco o manual A Viva Voz para aplicar en persoas operadas de cancro de tiroide

  • A coach de voz, locutora de radio e membro de AECAT, incidiu na necesidade de rehabilitación da voz como condición básica para unha mellor integración social destes/destas pacientes.
  • Pichel foi convidada a participar pola propia organización da XXIII Conferencia Anual de Voces do Pacífico, na que participan destacados expertos en voz de distintos países do mundo.

FALADORINA1

O proxecto galego de A Viva Voz presentouse o 03 de outubro, na XXIII Conferencia Anual de Voces do Pacífico (PVSF – Annual Pacific Voice Conference -PVC), da man da súa creadora, a socióloga, locutora de radio e coach de voz, Isabel Pichel. Neste congreso, que se clausura hoxe, expóñense experiencias e investigacións, e os mellores resultados clínicos a través da innovación e a tecnoloxía relacionados co campo a voz. A conferencia anual, presentada baixo o título Voice in the Silicon Valley: Better clinical results through innovation &tecnhology, está organizada pola Universidade de Santa Clara (Santa Clara University -California Mission Room).

Isabel Pichel participou co relatorio “Faladoriña-A Viva Voz como proxecto de divulgación do concepto holístico de voz profesional para principiantes. Aplicación en pacientes de cancro de tiroide”.

Durante a súa intervención, Isabel Pichel, que tamén é membro de AECAT (Asociación Española de Cancro de Tiroide) relatou a súa propia experiencia: “fai seis anos fun operada catro veces no pescozo por un cancro de tiroide”. Despois de perder e recuperar a voz o seu foco de estudo centrouse neste campo.

A creadora de Faladoriña explicou que “estudos recentes constatan que na miña rexión, Galicia, a evolución no número de casos é moi similar a outros lugares do mundo. Hai unha maior afectación feminina que masculina, (proporción 3’6/1), con idades medias de 46 anos, e sendo o carcinoma papilar un 76% dos casos”. Pichel continou relatando que, coa súa incorporación a AECAT, no ano 2014, entra en contacto con outros pacientes de España e do resto do mundo: “o meu interese é saber que camiños percorren outros pacientes, coñecendo, ademais, que nas últimas décadas duplicáronse os casos de cancro de tiroide en todo o mundo, e que cada vez somos máis os interesados nunha boa calidade de vida, que pasa por unha boa calidade de voz”.

Isabel Pichel salientou que un dos aspectos nos que fixou a súa atención foi no protocolo a seguir ante unha intervención cirúrxica no pescozo. Existen, dixo, “dous camiños diferenciados: rehabilitación e non rehabilitación”. Na súa opinión, vivimos na cultura da imaxe visual e o universo auditivo queda nun segundo plano de interacción latente, ata que un cambio brusco, como unha ausencia temporal de voz, pon de manifesto a súa importancia. Este, subliñou “é o caso de operados de cancro de tiroide”.

Engadiu que “máis alá de que a prestación sanitaria sexa pública ou privada eu creo que son necesarios protocolos de actuación para a preservación da calidade de voz en todos os pacientes que van ser operados: larinxe con constrición, tensión na raíz da lingua, contracturas musculares en trapecio e esternocleidomastoideo, problemas cervicais, tensión mandibular, escasa salivación, falla de capacidade de articulación, tendencia a unha respiración clavicular…” Son, dixo, “algúns dos cambios asociados a unha cirurxía no pescozo”. A lista agrávase, continuou, “segundo se suceden máis cirurxías”.

Isabel Pichel explicou que “seguindo os criterios técnicos de Estill Voice Sistem, aínda cando non hai sesgo no nervo recurrente, unha intervención no pescozo ten consecuencias para o paciente na fonte, na enerxía e nos filtros da voz”. Isto ocorre, proseguiu “principalmente na zona onde se atopa a fonte da voz. No interior da larinxe atópanse as cordas vocais. A entubación e anestesia alteran o seu normal funcionamento”. Segundo Pichel, “a respiración tamén se ve afectada e constitúe a enerxía da voz”. Outros factores “a ansiedade e nerviosismo provocado pola experiencia de quirófano poden modificar o hábito de respiración dorsal costo-diafragmática cara outra menso efectiva de tipo clavicular”. O corpo, continuou, “tamén sofre cambios”. “A drenaxe obriga á adopción de posturas diferentes de descanso que alteran o sono”., Estas posturas incorrectas, subliñou, “poden derivar en contracturas na cabeza e pescozo que dificultan a expresión oral”. A consecuencia é, proseguiu, “a frustración do paciente ante a imposiblidade de restablecer os seus hábitos de comunicación oral relacionados co seu contexto”.

En todos os casos enumerados por Isabel Pichel “existe unha perturbación da voz”. Una alteración, proseguiu, que “dificilmente se pode recuperar de modo inconsciente. A toma de conciencia destas alteracións empoderan ao paciente que poderá exercitarse previa e posteriormente ás cirurxías a favor da súa voz”.

Segundo explicou a creadora de A Viva Voz, “os pacientes cos que falo teñen un elevado grao de frustración ao minguar as súas capacidades da voz, sobre todo diminución de intensidade. As consecuencias van máis alá do emocional, pois a falla de calidade da voz pon en xogo os postos de traballo daqueles pacientes no que a voz é ferramenta fundamental no desempeño das súas funcións”.

FALADORINA2

 

A voz, identidade do individuo

Isabel Pichel afirmou que “a voz é a identidade do individuo no exercicio de interacción social. Se perde a voz, perde identidade e capacidade de interacción e comunicación social”. Na súa opinión “unha cirurxía supón un episodio traumático física e emocionalmente”. Pero, proseguiu, “dada a miña concepción holística da voz, é o meu deber apostar pola súa recuperación, do mesmo modo que se aplica a cirurxía estética a unha cicatriz para recuperar a imaxe.

Pichel describiu ao ser humano como un “ser complexo que responde a estímulos físicos emocionais e racionais en tanto é un ser animal e social”. Na súa opinión, as novas tecnoloxías ofrecen a posibilidade de comunicarse sen necesidade de falar. Conviven, dixo, “coa expresión sonora do individuo máis holística: a súa voz, unha seña de identidade feita perfume para o oído”. Isabel Pichel lembrou que o primeiro que se aprende en relación á propia voz é a respirar. “Ninguén nos ensina, é algo que nós mesmos facemos o nacer. E choramos. A capacidade de emisión da voz permitiunos, como bebés, facernos oír para poder ser escoitados”.

A creadora de Faladoriña enumerou a clasificación das calidades de voz de Estill Voice Sistem: Speech, Falsetto, Sob, Twang, Belting e Opera. Ao nacer está próxima ao “Belting”, que é tamén, dixo “a calidade de voz asociada ao Teatro Musical Americano -forte en espazos pequenos-“. Estes aspectos, xunto aos sociolóxicos son, explicou “os que traballan en profesións artísticas, actores e cantantes. No meu desenvolvemento conceptual de voz sociocultural tamén quedan reflectidos”. Na súa opinión, da lista de elementos previa a unha comunicación que cómpre ter en conta, “calquera individuo pode plantexar que habilidades debe potenciar para unha óptima comunicación”. Unha forma sinxela de presentalo aos principiantes é o manual A Viva Voz, con Faladoriña e Papagueno.

Para Isabel Pichel, “aos pacientes non nos basta con ter información sobre tratamentos. Tamén precisamos ser atendidos emocionalmente. Se o individuo cambia, tamén o fai a súa voz”. E engadiu, “os cambios hormonais de tiroide levan aos pacientes a estados emocionais cambiantes. Estas actitudes condicionan as nosas condutas, e ese é un factor a ter moi en conta no deseño de tratamentos de rehabilitación”.

Por outra banda, continuou, cómpre ter en conta os hábitos de vida do individuo. “Calquera entrenamento pasa por asumir uns hábitos en cada contexto persoal, sociocultural e familiar concreto. Delo depende o éxito da aplicación de protocolos de rehabilitación” Neste escenario, dixo, “o resultado é a perda xeralizada de calidade de voz en pacientes operados de cancro de tiroide que, en mositos casos, nen sequera saben que poderían mellorar as relacións de comunicación oral.

Como resposta a estes casos, Isabel Pichel deseñou o manual A Viva Voz, un cómic protagonizado por Faladoriña (Speaky en inglés), acompañada do loro Papagueno. Este manual serve para orientar aos pacientes operados de cancro de tiroide en particular, e a aqueles operados do pescozo, en xeral. É unha guía para coñecer os aspectos relativos á voz, de forma moi sinxela, que inclúe exercicios básicos. Este manual básico, presentado en decembro na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, recolle por primeira vez en formato cómic, todos os factores sobre os que actuar antes e revisar despois das intervencións cirúrxicas.

Segundo explicou, “na miña experiencia como Vocal Coach con outros pacientes dentro e fóra de España, existe un elevado afán de superación na aprendizaxe de técnica vocal. A motivación é o motor que vence a resistencia a saír da zona de confort, é a chave que abre procesos de crecemento persoal”. E continua, “nos casos nos que a identidade está en xogo, a motivación é máxima. É necesaria esa motivación para actuar sobre condutas de traballo de recuperación, rehabilitación e mellora da voz”.

Na opinión de Isabel Pichel Faladoriña e Papagueno definen nitidamente “calidade de voz” en función da capacidade de expresión oral do individuo, tendo en conta a súa orixe sociocultural, e a condición física e emocial. Neste manual de A Viva Voz, inclúense uns exercicios básicos de prequecemento de voz. E faise xogando, dun xeito lúdico. “É unha nena que conserva o estado de xogo como condición necesaria para a exploración dos recursos técnicos da voz”, subliña Pichel. Compara a voz, vehículo da palabra, con coches, os vehículos das persoas; o quecemento da voz co realizado previamente no exercicio de deportes populares como fútbol ou baloncesto; e pon a técnica vocal coñecida en profesións artísticas ao servizo do resto dos individuos para a súa propia mellora da calidade de voz.

XXIII Conferencia Anual de Voces do Pacífico

Ademais de Isabel Pichel, nesta conferencia anual están presentes, como organizadores e/ou convidados,  expertos en voz de distintos lugares do mundo, entre eles,  Manuel Pais Clemente, presidente do Consorcio Mundial da Voz (World Voice Consortium); Krzysztof Izdebski, presidente da Pacific Voice & Speech Foundation San Francisco e profesor do conservatorio de música desta cidade; Antoinette am Zehnhoff-Dinnesen, presidenta de Union of the European Phoniatricians e responsable da área de Foniatría da Universidade-Hospital de Muenster, en Alemania; e Ekaterina V. Osipenko, secretaria xeral de European Academy of Phoniatrics, secretaria da Sociedade Rusa de Otorrinolaringoloxía; e responsable do Centro Clínico de Otorrinolaringoloxía do Ministerio de Saúde Pública, entre outros cargos. (Poden consultar as reseñas de organizadores e convidados neste link:

http://www.scu.edu/engineering/bioengineering/pvc_wvc_2015/faculty.cfm

Faladoriña-AViva Voz, presente na Conferencia Anual de Voces do Pacífico que se celebra en San Francisco

  • A coach de voz, locutora de radio e membro de AECAT, Isabel Pichel presenta, o día 3 de outubro, unha ponencia sobre rehabilitación de voz nas persoas operadas de cancro de tiroide, baseada na metodoloxía descrita no manual A Viva Voz. 
  • Faladoriña foi convidada pola organización, interesada nesta proposta de actuación que persegue axudar a mellorar a calidade de voz nos operados no pescozo.

portada A especialista en voz Isabel Pichel viaxa co personaxe Faladoriña, creado por ela mesma, a San Francisco para participar na XXIII Conferencia Anual de Voces do Pacífico (PVSF – Annual Pacific Voice Conference -PVC). Un congreso sobre os diversos campos da voz onde se presentarán os mellores resultados clínicos a través da innovación e a tecnoloxía (Voice in the Silicon Valley: Better clinical results through innovation &tecnhology), organizado pola Universidade de Santa Clara (Santa Clara University -California Mission Room).

Nesta conferencia anual están presentes, como organizadores e/ou convidados,  expertos en voz de distintos lugares do mundo, entre eles,  Manuel Pais Clemente, presidente do Consorcio Mundial da Voz (World Voice Consortium); Krzysztof Izdebski, presidente da Pacific Voice & Speech Foundation San Francisco e profesor do conservatorio de música desta cidade; Antoinette am Zehnhoff-Dinnesen, presidenta de Union of the European Phoniatricians e responsable da área de Foniatría da Universidade-Hospital de Muenster, en Alemania; e Ekaterina V. Osipenko, secretaria xeral de European Academy of Phoniatrics, secretaria da Sociedade Rusa de Otorrinolaringoloxía; e responsable do Centro Clínico de Otorrinolaringoloxía do Ministerio de Saúde Pública, entre outros cargos. (Poden consultar as reseñas de organizadores e convidados neste link:

Organizadores e convidados XXIII Conferencia Anual de Voces do Pacífico

Relatorio

Isabel Pichel participará co relatorio “Faladoriña-A Viva Voz, un manual holístico da voz para principantes profesionais, aplicado en pacientes operados de cancro de tiroide”. O manual, apoiado nas técnicas do coaching persegue axudar a mellorar a calidade de voz nos operados no pescozo, sobre todo nos casos nos que non existe protocolo de rehabilitación.

A conferencia celebrarase os días 2, 3 de outubro na Universidade de Santa Clara e o día 4 no Conservatorio de Música de San Francisco. Isabel Pichel, que tamén é membro de AECAT, a Asociación Española de Cancro de Tiroide, ten comprobada a utilidade do manual e as sesións de coaching nos casos nos de ausencia de protocolos de rehabilitación da voz. Faladoriña foi convidada pola organización interesada nesta proposta de actuación con operados no pescozo.

Presentando a Faladoriña
Presentando a Faladoriña

En España non existe un protocolo claro para a rehabilitación de voz en pacientes de cancro de tiroides. Un dos obxectivos de Pichel e concienciar da importancia desa rehabilitación, debido ás consecuencias persoais e profesionais que pode causar o empeoramento da calidade da voz.

A metodoloxía que explicará en San Francisco está baseada na súa propia experiencia, recollida no libro en formato cómic A Viva Voz, unha guía que convida a explorar as habilidades da comunicación, a aprender a través do xogo.  É un proceso de aprendizaxe que cada paciente debe afrontar individualmente. Neste particular camiño da voz están acompañados por  Faladoriña e Papagueno (Speaky e Falafor na versión americana).

Os aspectos físicos, psicolóxicos e socioculturais que condicionan a comunicación humana, e cuxos resultados inflúen na voz, están presentes en Faladoriña e no manual A Viva Voz. Distintos factores como os hábitos de vida, o exercicio físico, os estados emocionais, etc. E as actitudes son susceptibles de cambiar. A primeira mensaxe é non conformarse coa perda de calidade de voz. Ao igual que existe a cirurxía estética para mellorar o aspecto dunha cicatriz, existen ferramentas coas que traballar nun mellor aspecto da voz.

No caso de diagnose de cancro de tiroide, a cirurxía implica un trauma para o paciente. Un paciente que pode coñecer, ou non, as súas ferramentas de comunicación específicas. O grao de motivación é decisivo nestes casos. Porque o uso de métodos de recoñecemento de habilidades e técnicas vocais con anterioridade á cirurxía e inmediatamente despois do postoperatorio contribuirá a:

  • unha recuperación e rehabilitación eficaz da comunicación.
  • unha mellor interacción co seu entorno sociocultural, o que incide positivamente na recuperación.
  • unha diminución da perda de malos hábitos de voz, así como un grao máis baixo de frustración persoal.

Esta é a segunda vez, este ano, que o proxecto A Viva Voz viaxa a América. Na primavera os exemplares deste cómic (a autora é Isabel Pichel e os debuxos son de Fonso Barreiro) estiveron en Bos Aires, coincidindo coa feira do libro.

Programa:

Programa XXIII Conferencia Anual de Voces do Pacífico

 

Isabel Pichel, Arantxa Saez e Sonsoles Guadalix en RNE, para falar do cancro de tiroide

Faladoriña RNEIsabel Pichel, creadora de Faladoriña, e Arantxa Saez, ambas pacientes e mebros de AECAT (Asociación Española de Cancro de Tiroide), xunto á doutora Sonsoles Guadalix, visitaron RNE (Radio Nacional de España) para falar de tiroide.

No programa “El canto del grillo” falaron ‪#‎altoyclaro e convidaron aos ointes a participar nas actividades do Día Nacional de cancro de tiroide.  Arantxa e Isabel compartiron a súa experiencia como pacientes que viven sen tiroide nos micrófonos de RNE.

Audio do programa “El Canto del grillo. Hablamos del tiroide”, emitido o 25/09/2015.

http://www.ivoox.com/canto-del-grillo-hablamos-del-tiroides-audios-mp3_rf_8604877_1.html

Máis información sobre a campaña Hablemos alto y claro de AECAT:

http://www.aecat.net/?s=