Arquivos da categoría Formación

Faladoriña Docente!

Consigue tus objetivos

Algo está mudando nas accións formativas que imparte Faladoriña en Galicia/ España/ Portugal/ Suiza…

Advertisements

12 DE SETEMBRO. RELATORIO E MESA REDONDA SOBRE TRATAMENTO DE CANCRO DE TIROIDE

Relatorio e mesa redonda. Vixilancia de nódulos tiroideos, diagnose e tratamento do cancro de tiroide.

Cartel-Jornada-Santiago

Data. 12 de setembro de 2015

Hora. 10.15 h.

Lugar. Sede do Colexio Oficial de Médicos da Coruña en Santiago de Compostela. Rúa de San Pedro de Mezonzo, 39. CP 15701 Santiago de Compostela.

Dirixido a:  pacientes de cancro de tiroide ou persoas que necesiten información sobre esta doenza.

Obxectivo. Que todo paciente entenda os pasos dados e por dar no seu tratamento, e os fitos do seu historial. Está demostrado que os pacientes mellor informados obteñen mellores resultados no seu tratamento.

Desenvolvemento. Presentada por Isabel Pichel, paciente e voluntaria de AECAT,  (Asociación Española de Cancro de Tiroide). Intervirá un equipo multidisciplinar de especialistas:  o endocrinólogo Dr. Cabezas Agrícola,  o cirurxiá Dr. Puñal Rodríguez e como médico nuclear contará coa aportación da Dra. Pubul Nuñez.

Despois do relatorio abrirase unha rolda de preguntas en debate sobre os temas que máis inquietan ao paciente de cancro de tiroide, en concreto sobre a necesidade e reivindicación de ser tratados en centros de referencia ou o acceso equitativo aos medicamentos.

Para rematar, proxectarase o documental Voces en el Camino, no que pacientes de cancro de tiroide poñen voz aos retos da enfermidade a través do paralelismo creado durante cinco etapas do Camiño de Santiago, que rematou coa chegada a Compostela fai xusto un ano, en setembro de 2014.

Máis información:

http://www.aecat.net/2015/08/31/jornada-informativa-sobre-vigilancia-de-nodulos-tiroideos-diagnostico-y-tratamiento-del-ct-en-santiago-de-compostela/

 

 

 

 

FORMACIÓN: 12 de xuño. Obradoiro “A emoción da voz”

a emocion da voz

Data: 12 de xuño de 2015.

Hora: 17:00 h. a 19:00 h.

Lugar: Sede do Ceesg -Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia-. Rúa Lisboa, 20. Baixo C.  Santiago de Compostela. CP 15707. Tel. 981 55 22 06

Obxectivo do obradoiro: Revisar as habilidades necesarias para o traballo de comunicación diario.

Dirixido a: profesionais que traballan coa voz (na animación sociocultural, educación social, traballo sociais, tempo libre, profesorado, oradores, etc.) e a persoas que necesiten mellorar as súas capacidades vocais, a súa dicción, ou aprender a expresarse en público.

Impartido por: Isabel Pichel, xornalista, socióloga, e coach de voz.

Cotas: 

  • Persoas colexiadas ou amigas do Ceesg, persoas en desemprego e estudantes: 8 €
  • Outras situacións: 12 €

Prazo de inscrición: ata o 10 de xuño ou ata completar aforo.

Prazas limitadas

Máis información:

http://ceesg.org/

Xuntanza “Día Mundial da Voz 2015”. Corro de voces.

FOT FALADORINA ATEMPO1

Data: 16 de abril de 2015.

Hora:  a partir das 11:30 h.

Lugar: Rúa Paz, 12. Fonteculler. 15189. Culleredo. A Coruña.

Organizado por:  Isabel Pichel, locutora profesional de radio, coach de voz e autora de  “A Viva Voz”, e por Estela López, directora de Atempo Inteligencia Musical. Xuntanza de profesionais que usan a voz no desenvolvemento do seu traballo. A idea é sumar voces e visibilizar esta canle de comunicación humana. Baixo o lema “A Voz, o primeiro xeito de comunicación social”. As portas de Atempo Inteligencia Musical abriranse ó público en xeral e ós profesionais da voz en especial. Poderán participar dunha experiencia única de voz, compartindo ademáis as testemuñas dos convidados.

Programa

11:30 h. Presentación do Día Mundial da Voz, que este ano se celebra baixo o lema A voz, o primeiro xeito de comunicación social.  Apertura: Isabel Pichel.     

Convidados

  • Pablo Parente Arias. Especialista en Otorrinolaringoloxía desde 1999. Formado no Complexo Hospitalario da Coruña, traballou neste centro e desde fai uns anos, no Hospital La Rosaleda de Santiago. Iniciou a súa formación en voz co Dr. Rafael García Tapia, neto de Antonio García Tapia, un dos precursores da laringoloxía non só en España, senón tamén no mundo.
  • Borja Quiza. Barítono lírico de recoñecido prestixio e longa traxectoria porfesional en ópera e zarxuela en teatros nacionais e internacionais.
  • Pepe Capelán. Guionista, cómico e actor. Colaborador do programa “Bamboleo” e presentador do programa “No mellor da vida” da Televisión de Galicia. Colaborador do programa “A tarde” da Radio Galega. Monologuista e cantante do grupo de rock cómico “Fillos do Estramonio”.
  • Isabel Risco. Actriz, clown e pedagoga teatral. Comeza a súa andaina en grupos de teatro universitario da Coruña. Desde o ano 2000 participa en espectáculos profesionais en distintas compañías, entre elas “Os sete magníficos máis un”, ou “Maquinaria Pesada”. No 2005 gradúase en Pedagoxía Teatral na Universidade da Coruña. No ámbito do audiovisual, traballa como actriz secundaria e protagonista en longametraxes e distintas series e programas da TVG, como Padres Casares, A vida por diante, O Nordés, Air Galicia, O Show dos Tonechos, Luar, etc. Na XII Edición dos Premios do audiovisual galego recibe o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina de reparto polo personaxe de Dona Hortensia en Era Visto!
  • Déborah Silva.Pedagoga teatral, logopeda, e experta en técnica vocal e na rehabilitación da voz. Cantante profesional con máis de 15 anos de experiencia.
  • Anam Cara. Asociación de Sada especializada en actividades de crecemento persoal. Anuk Leandro, Alicia Rivela e Andrés Rodríguez falarán da técnica de harmónicos.O seu enfoque no uso da voz bebe, entre outras técnicas, do teatro, da improvisación, da ritmoterapia e a musicoterapia, de cantos ancestrais… Falarán da terapia con son e canto, que permite,entre outros efectos beneficiosos para a persoa, acadar a armonía co que nos rodea, liberar o potencial creativo individual, reforzar o sistema psico-neuro-inmunolóxico, e xerar optimismo, paz, enerxía e confianza.
  •  Estela López, community manager e personal coach; e Isabel Pichel. Presentación da participación de Faladoriña, (Speaky en inglés) na XXIII PVC e VI Voice Congress de San Francisco, California, EEUU.
  • Isabel Pichel, coach de voz.”Preservación do Faladoriña ou Falador que todos levamos dentro!”

foto dia da voz

O proxecto A Viva Voz, vai avalado pola Socidade Galega de Otorrinolaringoloxía e Patoloxía Cérvico-Facial, e que conta con importantes colaboracións: a foniatra Marisa Lois, o debuxante Kiko da Silva e o actor Luis Iglesia. As ilustracións son de Fonso Barreiro.

A entrada a Corro de voces é de balde, ainda que é necesario reservar praza no teléfono 670 936 965 ou no correo electrónico estamosatempo@gmail.com. As persoas que asistan poderán mercar o manual A Viva Voz cun 50% de desconto.

Máis información: 

https://www.facebook.com/pages/Faladori%C3%B1a-A-VivaVoz/867563243274169?fref=ts

https://www.facebook.com/events/396496460531781/

https://www.facebook.com/estamosatempo/info

http://www.estamosatempo.com/

Presentación do libro “A Viva Voz” na libraría Aenea

A viva voz.jpeg-página001 (5)Data: 13 de marzo de 2015.

Hora: 19:00 h.

Lugar: Librería Aenea.

Rúa dos Irmáns Rei Alvite, nº 3 baixo
Santiago de Compostela
15.702 A Coruña
981 572 567

Participan: Isabel Pichel,  xornalista, coach e autora de  “A Viva Voz”.   Raquel Fernández, Doctora en Otorrinolaringoloxía.

Entrada libre

Máis información: 

http://aeneasantiago.blogspot.com.es/

www.aenea.es

https://www.facebook.com/libreria.aenea

FORMACIÓN: Obradoiro de técnicas vocais

Data: 05 de febreiro de 2015.

Hora: 16:00 h. a 17:30 h.

Lugar: I.E.S. (Instituto de Educación Secundaria Antón Losada Diéguez. A Estrada. Pontevedra.

Impartido por: Isabel Pichel, xornalista e coach de voz, no seu papel de Faladoriña.

Destinado a: profesorado do IES Antón Losada Diéguez.

Obxectivo: que o profesorado obteña as ferramentas vocais necesarias para proxectar e coidar a súa voz.