Arquivos da categoría Axenda

12 DE SETEMBRO. RELATORIO E MESA REDONDA SOBRE TRATAMENTO DE CANCRO DE TIROIDE

Relatorio e mesa redonda. Vixilancia de nódulos tiroideos, diagnose e tratamento do cancro de tiroide.

Cartel-Jornada-Santiago

Data. 12 de setembro de 2015

Hora. 10.15 h.

Lugar. Sede do Colexio Oficial de Médicos da Coruña en Santiago de Compostela. Rúa de San Pedro de Mezonzo, 39. CP 15701 Santiago de Compostela.

Dirixido a:  pacientes de cancro de tiroide ou persoas que necesiten información sobre esta doenza.

Obxectivo. Que todo paciente entenda os pasos dados e por dar no seu tratamento, e os fitos do seu historial. Está demostrado que os pacientes mellor informados obteñen mellores resultados no seu tratamento.

Desenvolvemento. Presentada por Isabel Pichel, paciente e voluntaria de AECAT,  (Asociación Española de Cancro de Tiroide). Intervirá un equipo multidisciplinar de especialistas:  o endocrinólogo Dr. Cabezas Agrícola,  o cirurxiá Dr. Puñal Rodríguez e como médico nuclear contará coa aportación da Dra. Pubul Nuñez.

Despois do relatorio abrirase unha rolda de preguntas en debate sobre os temas que máis inquietan ao paciente de cancro de tiroide, en concreto sobre a necesidade e reivindicación de ser tratados en centros de referencia ou o acceso equitativo aos medicamentos.

Para rematar, proxectarase o documental Voces en el Camino, no que pacientes de cancro de tiroide poñen voz aos retos da enfermidade a través do paralelismo creado durante cinco etapas do Camiño de Santiago, que rematou coa chegada a Compostela fai xusto un ano, en setembro de 2014.

Máis información:

http://www.aecat.net/2015/08/31/jornada-informativa-sobre-vigilancia-de-nodulos-tiroideos-diagnostico-y-tratamiento-del-ct-en-santiago-de-compostela/

 

 

 

 

Advertisements

26-29 de abril. Faladoriña viaxa a Bos Aires

27 de abril de abril 

Faladoriña visita a Sociedade Parroquial de Vedra de Bós Aires.

http://sociedaddevedra.blogspot.com.es/

28 de abril de 2015

Isabel  Pichel, creadora do proxecto Faladoriña. A Viva Voz,  participa, representando a AECAT -Asociación Española de Cáncer de Tirordes-, no encontro “Latam Thyroid Cancer Patient Group Leader Summit”, organizado por Genzymer Latinoamerica.