Faladoriña Docente!

isa-en-rg

Ola a todos, Faladoriña xa é docente!

Acumula xa 20 anos de experiencia radiofónica e está en disposición de ensinar parte da súa sabedoría. Xa é Docente acreditada pola Xunta de Galicia. Podes contactar con ela para formarte na locución radiofónica de calidade!

A nova titulación acredítaa para formación ocupacional presencial, on line e combinada. Manexa Exe-Learning para a tutorización dos cursos a distancia.

 

Advertisements

Ola Faladoriñ@s, en breve teredes aquí contidos novos sobre voz e comunicación.

portadaEn breve poderedes atopar aquí, información e contidos da actividade de Faladoriña como docente de voz e comunicación. Trátase de que poidades seguir as actividades nas que participa Faladoriña. A finalidade das accións formativas é poder atallar os problemas relacionados coa voz. A comunicación oral normalmente non tiña en conta a técnica vocal. A boa noticia é que Faladoriña sí sabe aplicar técnicas concretas a traballos específicos. Sempre que utilices a voz par ao traballo, has de saber que os atrancos pódelos superar de xeito sinxelo. Non é campo específico dos artistas. Os profesores, os teleoperadores, os animadores socioculturias tamén precisan saber cómo coidar da voz para non quedar afónicos, ou cousas peores. Envía a túa consulta a Faladoriña e ela asesorarate.