Faladoriña-AViva Voz, presente na Conferencia Anual de Voces do Pacífico que se celebra en San Francisco

  • A coach de voz, locutora de radio e membro de AECAT, Isabel Pichel presenta, o día 3 de outubro, unha ponencia sobre rehabilitación de voz nas persoas operadas de cancro de tiroide, baseada na metodoloxía descrita no manual A Viva Voz. 
  • Faladoriña foi convidada pola organización, interesada nesta proposta de actuación que persegue axudar a mellorar a calidade de voz nos operados no pescozo.

portada A especialista en voz Isabel Pichel viaxa co personaxe Faladoriña, creado por ela mesma, a San Francisco para participar na XXIII Conferencia Anual de Voces do Pacífico (PVSF – Annual Pacific Voice Conference -PVC). Un congreso sobre os diversos campos da voz onde se presentarán os mellores resultados clínicos a través da innovación e a tecnoloxía (Voice in the Silicon Valley: Better clinical results through innovation &tecnhology), organizado pola Universidade de Santa Clara (Santa Clara University -California Mission Room).

Nesta conferencia anual están presentes, como organizadores e/ou convidados,  expertos en voz de distintos lugares do mundo, entre eles,  Manuel Pais Clemente, presidente do Consorcio Mundial da Voz (World Voice Consortium); Krzysztof Izdebski, presidente da Pacific Voice & Speech Foundation San Francisco e profesor do conservatorio de música desta cidade; Antoinette am Zehnhoff-Dinnesen, presidenta de Union of the European Phoniatricians e responsable da área de Foniatría da Universidade-Hospital de Muenster, en Alemania; e Ekaterina V. Osipenko, secretaria xeral de European Academy of Phoniatrics, secretaria da Sociedade Rusa de Otorrinolaringoloxía; e responsable do Centro Clínico de Otorrinolaringoloxía do Ministerio de Saúde Pública, entre outros cargos. (Poden consultar as reseñas de organizadores e convidados neste link:

Organizadores e convidados XXIII Conferencia Anual de Voces do Pacífico

Relatorio

Isabel Pichel participará co relatorio “Faladoriña-A Viva Voz, un manual holístico da voz para principantes profesionais, aplicado en pacientes operados de cancro de tiroide”. O manual, apoiado nas técnicas do coaching persegue axudar a mellorar a calidade de voz nos operados no pescozo, sobre todo nos casos nos que non existe protocolo de rehabilitación.

A conferencia celebrarase os días 2, 3 de outubro na Universidade de Santa Clara e o día 4 no Conservatorio de Música de San Francisco. Isabel Pichel, que tamén é membro de AECAT, a Asociación Española de Cancro de Tiroide, ten comprobada a utilidade do manual e as sesións de coaching nos casos nos de ausencia de protocolos de rehabilitación da voz. Faladoriña foi convidada pola organización interesada nesta proposta de actuación con operados no pescozo.

Presentando a Faladoriña
Presentando a Faladoriña

En España non existe un protocolo claro para a rehabilitación de voz en pacientes de cancro de tiroides. Un dos obxectivos de Pichel e concienciar da importancia desa rehabilitación, debido ás consecuencias persoais e profesionais que pode causar o empeoramento da calidade da voz.

A metodoloxía que explicará en San Francisco está baseada na súa propia experiencia, recollida no libro en formato cómic A Viva Voz, unha guía que convida a explorar as habilidades da comunicación, a aprender a través do xogo.  É un proceso de aprendizaxe que cada paciente debe afrontar individualmente. Neste particular camiño da voz están acompañados por  Faladoriña e Papagueno (Speaky e Falafor na versión americana).

Os aspectos físicos, psicolóxicos e socioculturais que condicionan a comunicación humana, e cuxos resultados inflúen na voz, están presentes en Faladoriña e no manual A Viva Voz. Distintos factores como os hábitos de vida, o exercicio físico, os estados emocionais, etc. E as actitudes son susceptibles de cambiar. A primeira mensaxe é non conformarse coa perda de calidade de voz. Ao igual que existe a cirurxía estética para mellorar o aspecto dunha cicatriz, existen ferramentas coas que traballar nun mellor aspecto da voz.

No caso de diagnose de cancro de tiroide, a cirurxía implica un trauma para o paciente. Un paciente que pode coñecer, ou non, as súas ferramentas de comunicación específicas. O grao de motivación é decisivo nestes casos. Porque o uso de métodos de recoñecemento de habilidades e técnicas vocais con anterioridade á cirurxía e inmediatamente despois do postoperatorio contribuirá a:

  • unha recuperación e rehabilitación eficaz da comunicación.
  • unha mellor interacción co seu entorno sociocultural, o que incide positivamente na recuperación.
  • unha diminución da perda de malos hábitos de voz, así como un grao máis baixo de frustración persoal.

Esta é a segunda vez, este ano, que o proxecto A Viva Voz viaxa a América. Na primavera os exemplares deste cómic (a autora é Isabel Pichel e os debuxos son de Fonso Barreiro) estiveron en Bos Aires, coincidindo coa feira do libro.

Programa:

Programa XXIII Conferencia Anual de Voces do Pacífico

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s